VENRES 12 DE XUÑO, X. H. RIVADULLA CORCÓN PRESENTA: “ONDE O VENTO ME LEVE”


O venres 12 de xuño ás 20:00 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de X. H. Rivadulla Corcón, titulado “ONDE O VENTO ME LEVE”, publicado por Espiral Maior Edicións.

Participarán no acto:

  • X. H. RIVADULLA CORCÓN (Autor)
  • FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL (Poeta e escritor)
  • MIGUEL MATO FONDO (Poeta e escritor)
  • MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO (Director de Edicións Espiral Maior)

Un home que afirma que non cre no homo sapiens, pero si cre no mar e na poesía, decide facer unha viaxe solitaria, percorrendo os mares todos e desembarcando só en illas. Unha viaxe que será longa, como di Kavafis que hai que pedir que sexan todas as viaxes. Non importa o destino, só importa a propia viaxe. E levará como compañeiros aos escritores que escribiron libros que lle fan soñar e aprender. Tamén estará acompañado polos seres mariñeiros que irá atopando, e cos que conservará sobre libros e á procura dun mundo mellor, e sobre o importante que é soñar.

Todo o que aquí se conta é verdade, porque o navegante cre no que afirma Pessoa no Libro do desassossego: o soñado e tan verdadeiro como o vivido, e o que a mente é quen de imaxinar tamén é igualmente verdadeiro.

Entrada libre ata completar aforamento.