
O xoves 11 de xuño, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo “Paganismo e Cristianismo na arte”.
Nesta ocasión, José Luis García Dornelas falará, apoiándose en máis dun centenar de imaxes, sobre a utilización da crueldade para captar a atención dos fieis, fixar historias sacras na memoria e transmitir leccións morais de xeito instantáneo, sen necesidade de recorrer a textos escritos.
Entrada libre ata completar aforamento.