O xoves 4 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia arredor dos “ALICERCES EXIPCIOS DA CULTURA CELTA GALAICA”, pronunciada polo artista, escritor e investigador especializado no mundo celta, Javier Mareas, que será presentado polo historiador da cultura galega Felipe – Senén.
As raíces da cultura galaica son descoñecidas para o gran público, perdidas no decurso da prehistoria. Nesta conferencia daremos a coñecer como as lendas e a arqueoloxía deste territorio amosan un pasado exuberante e mesmo exótico patrimonio dun grupo celta, os Gaélicos, que habitou Galicia perante a idade do ferro. Eles foron os responsables de introducir unha linguaxe técnica e simbólica allea e novedosa proveniente de oriente.
Entrada libre ata completar aforamento.

Actividade subvencionada por:
