Nun concorrido acto en Portas Ártabras, Amigas e Amigos dos Museos de Galicia (QUE DENDE HOXE TOMAN ESTE NOME INCLUSIVO) celebraron o tradicional acto do Día dos Museos, consistente nun repaso feito polo museólogo Felipe-Senén sobre o Estado da Cuestión dos Museos de Galicia, os que entende, en xeral, faltos de espazo e de persoal cualificado para atender aos seus fins, os que os diferencian e significan, “non a toda colección se pode chamar museo”, matizou. Insistiu na función de acopio, cando se perden coleccións importantes, para logo sair en poxas ou en ventas, como o caso recente dos torques de Ourense…
Finalmente deuse a coñecer o Premio Pedra do Destino 2026, que o colectivo determinou entregar en novembro á Casa – Museo de Otero Pedrayo en Trasalba, por dar cumprimento á misión de humanismo que significou este membro da xeración Nós. Premio que consistirá na edición da obra do seu autor en varios idiomas.

