O venres 11 de setembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un interesante parladoiro co Presidente da Fundación Otero Pedrayo, o profesor Eduardo López Pereira, arredor da inmensa figura do polígrafo por excelencia, Otero Pedrayo. A continuación terá lugar a proxección do documental "Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe", dirixido por María Xosé Bravo Bosch. Un achegamento tratado de xeito diferente á figura deste escritor, xeógrafo e intelectual galeguista, e a súa forma tan persoal de [...]
Nun concorrido acto en Portas Ártabras, Amigas e Amigos dos Museos de Galicia (QUE DENDE HOXE TOMAN ESTE NOME INCLUSIVO) celebraron o tradicional acto do Día dos Museos, consistente nun repaso feito polo museólogo Felipe-Senén sobre o Estado da Cuestión dos Museos de Galicia, os que entende, en xeral, faltos de espazo e de persoal cualificado para atender aos seus fins, os que os diferencian e significan, "non a toda colección se pode chamar museo", matizou. Insistiu na función de acopio, cando [...]