XOVES 9 DE ABRIL: “EL MAL DE OJO Y LA OBSCENIDAD”


Colgante greco romano.

O xoves 9 de abril, ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo “Paganismo e Cristianismo na arte”. Nesta ocasión, José Luis García Dornelas apoia a súa exposición en máis de cen imaxes que revelan como o sexo funcionaba na Antigüidade como un escudo contra os espíritos e o mal de ollo, antes de que a Igrexa o “demonizara” e o transformara en algo obsceno.

Entrada libre ata completar aforamento.