
O mércores 8 de abril, ás 20 horas terá lugar un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galicia en Portas Artabras (rúa Sinagoga, 22 – A Coruña): a presentación do libro: “COMO TERMINÓ LA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA” de Gutmaro Gómez Bravo.
Participarán no acto:
- O autor, Gutmaro Gómez Bravo (Catedrático de Historia Contemporánea – UCM)
- Emilio Grandío Seoane (Catedrático de Historia Contemporánea – USC)
- Cándido Barral Alvarellos (Xornalista).
Baseada en documentación inédita procedente dos principais arquivos españois e internacionais, “Como terminó la Guerra Civil española” revela por primeira vez como a «Victoria» preparouse entre a ocupación de Barcelona e a rendición de Madrid. Da man dun relato detallado e trepidante, este libro reformula por completo os últimos meses do conflito e ofrece unha nova interpretación do nacemento da ditadura franquista.
Entrada libre ata completar aforamento.