
O vindeiro dia 7 de abril o historiador Diego Rodríguez González impartirá unha palestra co título: “Manuel Murguía: un folclorista atípico“, organizada por a Agrupación Cultural O Facho
Data: 7 de abril, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña
Diego Rodríguez González licenciouse en Xeografía e Historia, especializándose en Historia Contemporánea e Biblioteconomía e Arquivística. Ocupou diversos postos como bolseiro, destacando na Biblioteca Nodal de Ourense, como profesor no Centro Bibliográfico Superior de Galicia e como técnico superior na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago.
Murguía achégase ao folclore cun método e uns obxectivos diferentes de case todos os outros colectores. As súas recollas son sempre mediadas e o seu interese histórico, antropolóxico e de construción nacional. Pero isto non significa un desleixo na transmisión dos valores lingüísticos e artísticos que as rimas que recolleu portaban e que hoxe son probablemente o máis relevante do seu legado como folclorista malgré lui.
