O xoves 26 de marzo ás 20 horas terá ugar en Portas Ártabras unha conferencia pronunciada polo arqueólogo e profesor de Historia Antiga da Universidade de Oviedo, Diego Piay Augusto, titulada: “GALLAECIA NO OCASO DE ROMA: UNHA PROVINCIA DE INTELECTUAIS”
Durante a Antigüidade tardía, diversas fontes escritas mencionan a personaxes destacados vinculados ao territorio da provincia romana de Gallaecia, pertencentes ás elites culturais e políticas do momento. Esta aparente concentración de figuras intelectuais convida a preguntarse polo papel real deste territorio nos últimos séculos do Imperio romano de Occidente. A través da análise conxunta das fontes textuais e o rexistro arqueolóxico, esta intervención propón valorar ata que punto Gallaecia foi un espazo periférico ou, pola contra, un foco activo de produción intelectual e poder.


Actividade subvencionada por:
