XOVES 5 DE MARZO, CONFERENCIA DE JOSÉ CARLOS ALONSO: “A CIDADE VELLA DA CORUÑA EN IMAXES”


O xoves 5 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto “Flujos”), titulada: “A CIDADE VELLA DA CORUÑA EN IMAXES”, nela veremos moitas fotografías recollidas nun dos seus últimos foto-libros dedicado a este recuncho da cidade da Coruña.

“Vella”, “Alta”, e “A Cidade”, estas son acepcións que vertebran a realidade da “Cidade Vella da Coruña” ao longo dos séculos. Cada unha desas palabras remite a unha chea de realidades (historia, xeografía, patrimonio…) inabarcables nun só libro por iso con en esta publicación o único que pretendo é facer unha aproximación a imaxes do pasado a través dos elementos (planos, pinturas, fotos…) que distintas institucións atesouraron a través do tempo. Un repaso tanto ao seu perfil costeiro como ao rueiro e prazas interiores.

 Entrada libre ata completar aforamento.

Actividade subvencionada por: