PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2026 A DISPOR PARA A SÚA DESCARGA


Descarga o programa de actividades 2026 de Amigos dos Museos de Galicia


Amais, no apartado de ACTIVIDADES, tamén atoparás a proposta para o ano 2026, como sempre, dentro desa maxia de envolverse na cultura dos pobos que é aproveitar ao máximo días, horas, enxergando todo (enxergar é sentir e sumar canta información sexa posible).

Máis aló dos rituais e dos convencionalismos deste tempo de postureos ou performances, quixeramos, do mellor xeito, exprear o noso agradecemento, de compartir os desexos de ben  a beleza, como decote vimos facendo no noso espazo de cultura, polos vieiros de Galicia e aínda moito máis lonxe.

As nosas Portas Ártabras, seguirán abertas, dispostas a recibir, a escoitar, a sumar iniciativas que nos distingan.