O mércores 11 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras, Pilar Pallarés presentará “CONTRA HUMANA PARTE”, poemario editado por Espiral Maior.
Amais a autora, participarán no acto: Miguel Sande (Poeta e escritor) e Miguel Anxo Fernán Vello (Director de Edicións Espiral Maior)
Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) converteuse desde os seus dous primeiros libros, “Entre o lusco e fusco” (1979) e “Sétima soidade” (1983), nunha figura referencial da poesía galega contemporánea. Nesa posición consolidouse, e mesmo agradouse, ao publicarse “Livro das devoracións” (1996), considerado unánimemente pola crítica como un auténtico acontecemento literario. Fiel a un ritmo lento de escrita e cautelosa na exposición pública, posteriormente entregoulle aos lectores “Leopardo son” (2011). Pallarés foi alumna de Ricardo Carvalho Calero e tamén unha das máis admiradas estudiosas da súa obra. Adoita dicir con frecuencia que o país e o nacionalismo llo descubriu Moncho Valcarce, o cura de Sésamo. Foi a única escritora do colectivo “De amor e desamor”.
