Editorial Dilema publica, na súa colección Antologías e en edición bilingüe, tres libros de tres dos poetas galegos máis significativos do noso tempo: Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Baixeras e Xavier Seoane. Isto supón, por unha banda, o recoñecemento a tres obras singulares e, por outra, a posibilidade de que o seu ámbito de irradiación lectora se amplíe a todo o espazo hispanofalante. Pertencentes á mesma xeración poética e vital, Álvarez Cáccamo, Rodríguez Baixeras e Seoane seleccionaron e traduciron os poemas que se inclúen en cada volume e que abranxen case medio século de criación comprometida coa lingua propia e a súa inserción na mellor tradición poética, no só galega senón plenamente cosmopolita e na máis activa contemporaneidade. A aposta da editorial madrileña Dilema pon en valor,
desde fóra de Galicia, o mellor da lírica en lingua galega dos últimos cincuenta anos a través da voz de quen xa son tres verdadeiros clásicos.
Os libros presentaranse en A Coruña no Espazo Cultural Portas Ártabras, Rúa Sinagoga 22, ás 8 da tarde e co seguinte calendario:
-14 xaneiro, mércores: Presentación da antoloxía de Xosé María Álvarez Cáccamo por Luis Suñén e Baldo Ramos.
-21 xaneiro, mércores: Presentación da antoloxía de Xavier Rodríguez Baixeras por Luciano Rodríguez e Eva Veiga.
-28 xaneiro, mércores: Presentación da antoloxía de Xavier Seoane por Francisco Fernández Naval e Teresa Seara.
Entrada libre ata completar aforamento.


