
O vindeiro día 13 de xaneiro o enólogo, investigador e divulgador Alfonso Losada Quiroga pronunciará unha palestra co título:
“Denominacións de orixe dos viños de Galicia: a importancia das variedades autóctonas”.
Data: 13 de xaneiro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña
Alfonso Losada é natural de Tuiriz e na actualidade reside en Ourense. Funcionario de carreira da Xunta de Galicia, a súa formación académica é de Enxeñeiro Técnico Agrícola e Master en Viticultura, Enoloxía e Marketing de Viños. Conta cunha unha longa traxectoria investigadora na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), onde foi xefe de sección de Viticultura e de Enoloxía.

Cunha ampla formación na materia, é un amante e divulgador dos viños galegos. Xunto coa actividade investigadora e divulgadora, realizou labores de formación e divulgación en diversos cursos, xornadas e charlas, así como de asesoramento técnico a viticultores e adegas. Participa como membro de comités de cata e certificación en numerosos eventos nacionais e internacionais e colabora asiduamente en varios medios de comunicación.
A.C. O Facho