O xoves 8 de xaneiro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo “Paganismo e Cristianismo na arte”. Nesta ocasión, José Luis García Dornelas expoñerá un centenar de obras de pintura e escultura para comentar os motivos polos que os Magos de Oriente vanse transformando ao longo dos séculos ata converterse finalmente en Reis.
Entrada libre ata completar aforamento.
