XOVES 18 DE DECEMBRO: DESPEDIDA DO 2025 EN PORTAS ÁRTABRAS. VIAXES, MUSEOS E CULTURA


Ás 20 horas en Portas Ártabras, Felipe Senén fará un recorrido polo ano 2025, analizando o estado da cuestión do patrimonio cultural galego e dos seus museos e anunciando as actividades que Amigos dos Museos de Galicia levará a cabo no 2026. 

Ao final terá lugar un convite especial para os amigos asociados a este colectivo de vida ininterrompida dende o ano 1975.