O venres 19 de decembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña), a presentación do último libro (edición bilingüe) de Emma Pedreira titulado “Inventaria. Poesía reunida 1999 – 2009”, editado por Boulevar Libraría – Edicións.
Amais da autora, participará no acto Inma Doval Porto (artista multidisciplinar).

“O uso dunha ironía claramente mordaz, a creación dunha linguaxe arrequentada e única, así como a innovación lírica son, sen dúbida, os trazos que mellor definen Inventaria. Poesía reunida 1999-2009. Edición bilingüe. Nesta recompilación da obra inicial de Emma Pedreira, a lectora atopará unha das voces máis fortes e feministas da literatura galega do último cuarto de século. A través duns versos agumados, a autora disecciona un mundo en transformación polas ondas feministas, adiantándose, xunto á súa xeración galega, ao panorama estatal.“