O xoves 11 de decembro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) acollerá unha nova sesión do ciclo “Paganismo e Cristianismo na arte“.
Nesta ocasión, José Luis García Dornelas proxectará un centenar de obras de pintura e escultura que mostran como os textos apócrifos foron utilizados para completar e engrandecer o conciso relato do nacemento e infancia de Xesús narrado nos escritos “oficiais”.
Entrada libre ata completar aforamento.
