XOVES 27 DE NOVEMBRO, CONFERENCIA DE SUSO MARTÍNEZ: “UNHA TESTEMUÑA DUN INTERMINABLE PLEITO. OS FAMOSOS COUTOS DE MUNIFERRAL, A TERRIÑA SAGRADA DOS ANDRADE. O MARCO MEDIEVAL DA ANTA”


O xoves 27 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia pronunciada polo historiador e guía de turismo de Galicia, Suso Martínez, titulada: Unha testemuña dun interminable pleito. Os famosos coutos de Muniferral, a terriña sagrada dos Andrade. O marco medieval da Anta.

Presentamos unha cruz de termo medieval das terras altas de Coirós e Betanzos, un vello marco dunha das sete aldeas polas que os diversas cabezas da Casa de Andrade loitaron no foro da lei e con violencias, levando mesmo á excomuñón en 1445.