VENRES 21 DE NOVEMBRO: “GENOCÍDIO NA TERRA SANTA”


O venres 21 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación na Coruña de “Genocídio na Terra Santa. Testemunho de mais de 40 anos de reportagens no Médio Oriente“, o último libro de José Goulão, que a editora Página a Página acaba de publicar. A obra presentarase da man da Fundación Galiza Sempre .

“Genocídio na Terra Santa é un relato vivido e rigoroso sobre un dos maiores crimes contra a humanidade cometidos durante os últimos 100 anos. O libro é un documentario histórico no que se percibe, da primeira á última páxina, que a realidade actual en Gaza, e tamén na Cisxordania e en Xerusalén Leste, é un obxectivo buscado desde sempre por Israel, os seus aliados, como os Estados Unidos e coa complicidade da Unión Europea.”