O xoves 9 de outubro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo “Paganismo e Cristianismo na arte”.
Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, analizará como foron representados distintos personaxes que supostamente estableceron contacto coa divindade ao longo dos séculos: profetas, adivinos, videntes, augures e pitonisas.
A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.
Entrada libre ata completar aforo.
