O xoves 2 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia arredor de Castelao (Rianxo 1886 – Bos Aires 1950) “ÉTICA E ESTÉTICA NA VIDA E NA OBRA DE CASTELAO” , a que será pronunciada polo reputado humorista gráfico, caricaturista, ensaista e fondo especialista na obra de Castelao, Siro López.
A vida e a obra de Castelao abranguen esa confluencia de ismos e roturas co historicismo romántico, que supón o Modernismo. Filósofo, político, dibuxante, pintor que mostra unha ben afortalada coherencia como nacionalista galego. Coñecedor do acontecer europeo do seu tempo, o que parte do simbolismo decadentista… e sempre cunha mensaxe “de espírito”, de humanismo fronte ao material que campa e medra neste noso presente de solares, aranceis…
A través da obra de Castelao, de sentir político ben expresado e deixado escrito no “Sempre en Galiza” entramos nos desexos de conseguir unha Galiza Ceibe, digna, a que recupera o seu idioma, cultura e historia, mesmo capaz de pedir disculpas por, nun camiño imperial, ter feito do pacífico Apóstolo un matamouros ou un mata indios.
Obra de Castelao que, tanto move o maxín co seu xeito de realismo máxico, como contaxia a denuncia da crueldade da guerra, a identificación dos pobos negados coa emigración negra en New York… Así é que non vale calquera análise da obra de Castelao si é que queda nas formas, na estética, pois ela sempre está pensanda no pasado, no presente e no futuro dunha Galiza, como “célula de universalidade”
Entrada libre ata completar aforamento.

Actividade subvencionada por:
