O venres 3 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártbaras (Sinagoga, 22 – A Coruña) a presentación do libro: “O QUE SE VOLVE RAÍZ / LO QUE SE VUELVE RAÍZ” de Eva Veiga. (Editorial Olifante).
No acto amais da autora participarán: Xavier Seoane (poeta e escritor) e Bernardo Martínez (músico).
O que se volve raíz / Lo que se vuelve raíz (Olifante), con tradución ao español de Teresa Seara e lapela con texto de Pilar Pallarés, é un poemario que devén de escóita atenta e da perplexidade ante unha linguaxe que non pode dicir e, con todo, é a greta póstuma para acceder ao que, de todos os xeitos, ha de quedar tremendo, indicible, baixo a pel das palabras. Un libro que vida e morte constrúen en concerto, desconcertándose. Non pretende outra unidade que a do fío que imanta os fragmentos da memoria e da inmanencia do instante.
O noso agradecemento a Queixos Bama / Adega Corga pola súa convida a un petisco e a un viño de autor, exemplos da excelencia da cultura gastronómica do noso país.

