O xoves 24 de xullo ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto “Flujos”), titulada: “CHIMENEAS DE CORUÑA” que xirará arredor dunha das súas últimas publicacións: “Chimeneas, vida y muerte en Coruña”.
Desde que a humanidade controlou a maneira de facer lume sentiu a necesidade de protexelo. Parella foi a necesidade de desprenderse dos seus fumes, o que definiu a forma dos seus primeiros fogares. A sociedade evoluíu e a cheminea saíu da “casa” con novas funcións (transporte, fábricas…). O seu uso foi fundamental para a nosa prosperidade aínda que levada tan ao límite que, tanto nos daba a vida, como a morte. Só hai unhas décadas que desterramos a maior parte dos perigos directos da combustión e os seus fumes. Os “indirectos” aínda está por ver ata que punto danarannos.



Actividade subvencionada por:
