Dende a súa instauración no ano 1977 polo Consello Internacional dos Museos (ICOM), Amigos dos Museos de Galicia aproveita tal convocatoria de cada 18 de maio para afirmar os fins do noso colectivo arredor desas institucións que poñen a proba o estado cultural dunha colectividade, os Museos. Institucións culturais empre en devalar, en función da madurez cultural dos pobos e mesmo das novas tecnoloxías, as que deben facilitar un maior acercamento: o museo dos actores fronte ao museo dos espectadores. Nesta convocatoria o lema proposto é “O futuro dos Museos nas comunidades en constante cambio ”.
Aquece lembrar pois o estado da cuestión da nova definición de museo: ”Institución sen ánimo de lucro, permanente e ao servizo da sociedade, que investiga, colecciona, conserva, interpreta e exhibe aspectos do patrimonio cultural, material e inmaterial. Abertos ao público, accesibles e inclusivos, os museos fomentan a diversidade e a sustentabilidade. Coa participación das comunidades, os museos operan e comunican ética e profesionalidade, ofrecendo experiencia variadas para a educación, o desfrute, a reflexión e o troco de coñecementos”.
CELEBRA CON NÓS ESTE DÍA: “PREMIO PEDRA DO DESTINO 2025”
Ás 12:30 deste domingo 18 de maio, en “PORTAS ÁRTABRAS”, teremos un encontro a fin de abondar nun tema que para nós é cotián, así como dar a coñecer o nome do PREMIO PEDRA DO DESTINO 2025, co que o noso colectivo quere distinguir a aquelas persoas ou colectivos preocupados por algún aspecto en relación coa salvagarda ou difusión do Patrimonio Cultural de Galicia. Acto que pecharemos cun aperitivo de viños e productos da terra, brindando polo futuro dos museos.
Pois ben temos aprendidos que o “Día dos Museos” é unha lección para aprender que os museos son cousa de cada xornada, de cada hora, que están a nosa beira, onde recobrar o diálogo, a tolerancia, a liberdade e a paz.
