VENRES 16 DE MAIO, PALESTRA DE PABLO EGUREN: “A REVISTA ALFAREROS SUCESORA DE ALFAR”


O venres 16 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a palestra: “A REVISTA ALFAREROS SUCESORA DE ALFAR” pronunciada polo impulsor da revista “Alfareros”: Pablo Eguren Casal , quen estará acompañado polo escritor José Mª Monterroso Devesa.

En 1923 aparece na Coruña a revista “Alfar”, fundada polo cónsul do Uruguai, o poeta Julio J. Casal, a cal alcanzou un grande prestixio por colaborar nela as máis importantes figuras universais da Literatura e das Artes do momento. En 2003 celebrouse o centenario na Coruña e en Montevideo.
Este ano, sete décadas despóis da data de desaparecemento de “Alfar” (1955), xurde na capital uruguaia a revista “Alfareros”, impulsada por Pablo Eguren, neto do poeta, cuxo primeiro número ven en moita parte dedicado a Galiza.

Entrada libre ata completar aforamento.