XOVES 15 DE MAIO, CONFERENCIA DE ROSARIO SARMIENTO, “TERRITORIOS DE INTIMIDADE: ARTISTAS CORUÑESAS NOS ANOS DO FRANQUISMO, 1939-1975”


O xoves 15 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a palestra titulada: “TERRITORIOS DE INTIMIDADE: ARTISTAS CORUÑESAS NOS ANOS DO FRANQUISMO, 1939-1975”, pronunciada pola licenciada en Historia, critica de arte e comisaria de exposicións, xestora cultural e especialista en coleccionismo e na historia da arte da muller en Galicia, Rosario Sarmiento.

Nesta charla faremos un percorrido pola vida e obra das artistas coruñesas que desenvolveron o seu traballo durante os anos do franquismo na Coruña. Unha circunstancia que marcou non só a súa vida persoal, senón o desenvolvemento da súa traxectoria como artistas converténdoas na súa maioria nunhas descoñecidas para a historia. Para estas artistas, poucas posibilidades existían de poder desenvolver unha carreira como creadoras plásticas. Os prexuízos sociais ou as dificultades para acceder a unha formación académica facían moi difícil desenvolver unha profesión só entendida se respondía a demandas da arte máis conservadora ou por suposto, á esfera da docencia onde moitas destas mulleres creadoras envorcaron o seu talento.

Entrada libre ata completar aforamento.

Rosario Sarmiento
Mª Antonia Dans. La rosquillera (ca. 1978). Colección Concello da Coruña.

Actividade subvencionada por: