O martes 1 de abril, ás 20 horas e con motivo da celebración nesta xornada de o “Día das Artes Galegas” terá lugar en Portas Ártabras un acto dedicado a repasar audiovisuais sobre a vida, obra, milagres e mesmo sobre o espolio do creador de formas Isaac Díaz Pardo (Compostela 1920 – Coruña 2012). Fillo do escenógrado das Irmandades da Fala, Camilo Díaz Baliño, vilmente asasinado na Guerra civil. Isaac retoma a mensaxe dos seus: colga a pintura de cabalete para, coa axuda de exilados na Arxentina e coa ansia e creatividade de Luis Seoane, crear as “Industrias da Memoria”. E velaí en sada a fábrica de cerámica de O Castro, en Cervo da de Sargdelos, a Editorial do Castro e o Museo Carlos Maside tamén en Sada, en Compostela o Instituto Galego da Información… todo realizado dende unha teoría e praxe de ética e estética, humanismo en favor da dignidade de Galiza e desenvolta en tempos vixiados da dictadura franquista.
Como paradoxo, na nosa actualidade, outros, que Isaac xulga “dolosos”, fixéronse coa empresa e as cousas mudaron, perdendo o “espírito” da orixe, a orixinalidade, en favor do mercado. Unha lección de vangarda, de vida e un dos fitos máis significativos da historia galega do noso tempo.
