O venres 28 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) unha interesante conferencia pronunciada polo gañador da V Residencia Xacobeo para Tradutores/as de Literatura Galega, Inaciu Galán na que nos introducirá á lingua e literatura asturianas hoxe. O acto será presentado por Yolanda Castaño.
