XOVES 27 DE MARZO: “O RÍO QUE NOS LEVA” RECITAL POÉTICO DE MEDOS ROMERO E EVA VEIGA


O xoves 27 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar o recital poético: O RÍO QUE NOS LEVA de Medos Romero e Eva Veiga, dúas voces do Eume.

Tan felices se vos presta acompañarnos nestes recital tan especial para nós as dúas: somos poetas que compartimos o rumor de fondo do Eume e todo o que nace, medra e desaparece nas súas beiras. Dúas poéticas que beben nesas augas, máis que soñan, Unha dende a montaña e a outra dende a mariña. En todo caso, a mesma emoción por compartir con vós os nosos poemas habitados polo gozo, o laio ou a denuncia. Pero sempre dende a autenticidade e a entrega á súa escrita.

Entrada libre ata completar aforamento.