O venres 21 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia arredor dos CELTAS DE BRIGANTIA; REALIDADE OU FANTASÍA, pronunciada polo artista, escritor e investigador especializado no mundo celta, Javier Mareas.

Un xeito de adentrarse nunha idea moi deturpada, a de “celtas”. Partindo do que entenderon por celtas os historiadores e protoarqueólogos do século XIX e comezos do XX, como tribos que habitaron Europa no primeiro milenio antes de Cristo, difusoras do ferro. Nome grego “keltoi”, co que, inicialmente, designaban a pobos alpinos. Coa posterior idea de que os celtas se espallaron por toda Europa nun xeito de migacións pouco fundamentadas… O que si sabemos, referente ao Noroeste de Iberia, é que os cronistas grecolatinos do cambio de era insitiron en decír que os seus “outros” que habitaban estes confíns de Iberia eran celtas ou celtíberos, que tiñan devoción, rituais, sacrificos especiais… A arqueoloxía descobre aquí cultos e símbolos orientalistas, insignias singulares do mundo celta, como os torques, e mesmo epígrafes onde os titulares presumen de Galaicos e de celtas… os mesmos romanos formaron os seus exércitos de galos e mercenarios celtas, de soldados do Mediterráneo oriental.
Qué dicir pois de Brigantia, da súa baía, de tantos topónimos “breg” na súa contorna, do grandioso castro de Elviña e da calidade e orientalismo das súas xoias atopadas neste asentamento da protohistoria e fondamente romanizado. Pois seguimos no debate, neste caso dun profundo coñecedor da cultura Tartésica, unha ponte entre o Mediterráneo e o Occidente Atlántico.
Actividade subvencionada por:
