O xoves 27 de febreiro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia da expresidenta da Fundación Risco, Celia Pereira Porto titulada: “PÓR A ALMA ONDE POMOS OS PÉS: O LEGADO DE VICENTE RISCO”
Celia falará da custodia do legado de Vicente Risco e da súa familia en Allariz, da súa importancia e tamén do descoñecemento que hai respecto da vida e da obra, 62 anos despois da súa morte. É moito máis, o que se ignora que o que se coñece. Paga a pena (e máis nestes tempos nos que todo se “cousifica” e se mercantiliza, mesmo a cultura, cando tanto se fala de aranceis e se ve a terra como solares cos que especular), achegarse aos textos, ao humanismo, á filosofía “de espírito” de Risco, coa que ademais impregnou o sentimento e a creatividade galeguista. Textos que están en disposición de darnos moitos elementos para reflexión, ademais de ter unha escrita breve, amena e chea de sensibilidade, cultura e humor retranqueiro, seductor, que fai da súa lectura un pracer.
Entrada libre ata completar aforamento.


Actividade subvencionada por:
