XOVES 13 DE XUÑO: “LOS SÍMBOLOS DE PODER EN EL ARTE” CON J. L. GARCÍA DORNELAS


O xoves 13 de xuño, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a historia e evolución dos símbolos cos que o poderoso presentase ante os seus súbditos: coroas, tiaras, mitras, mazas, cetros, varas de mando ou báculos.
A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.


San Agustín e o Diaño, by Michael Pacher (ca. 1475, Alte Pinakothek, Munich)