MARTES 2 DE ABRIL, PALESTRA DE CELIA M. ARMAS GARCÍA: “O PROCESO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA”. O FACHO


O vindeiro dia 2 de abril a profesora Celia M. Armas García impartirá unha palestra co título:

O proceso de normalización da lingua galega

Data: 2 de abril, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña

Celia María Armas García é Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela sendo profesora de lingua galega e literatura no ensino secundario desde o ano 2000. É membro da Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística desde o ano 2015 e é a súa Secretaria Xeral desde o  2017, ano en que tamén asume a dirección de Abertos ao Galego, a iniciativa da Mesa especialmente dirixida ao mundo empresarial. Foi membro do consello de Administración de Nós diario entre os anos 2018 e 2023 e desde o 2022 é a secretaria comarcal da CIG-Ensino da Coruña. Ademais de publicar artigos en prensa é coautora de varios volumes de investigación sociolingüística (Sobre o racismo lingüístico) e literaria (Escrita e mulleres, No tempo de Follas Novas…) e autora de As mulleres escritoras, 1860-1870. O xenio de Rosalía.

Na palestra farase un percorrido pola historia da normalización da lingua galega até chegar a una análise da súa situación actual