XA DISPOÑIBLE O PROGRAMA 2024 DE ACTIVIDADES PARA A SÚA DESCARGA


Xa está dispoñible para a súa descarga o programa de actividades 2024 de Amigos dos Museos de Galicia

No apartado de ACTIVIDADES atoparás a proposta para o ano 2024, realización que dependerá das circunstancias que como xa temos experimentado aínda nos sorprenden. Iso si, como sempre, dentro desa maxia de envolverse na cultura dos pobos que é aproveitar ao máximo días, horas, enxergando todo (enxergar é sentir e sumar canta información sexa posible). Máis aló dos rituais e dos convencionalismos deste tempo de postureos ou performances, quixeramos, do mellor xeito, exprear o noso agradecemento, de compartir os desexos de ben a beleza, como decote vimos facendo no noso espazo de cultura, polos vieiros de Galicia e aínda moito máis lonxe. As nosas Portas Ártabras, seguirán abertas, dispostas a recibir, a escoitar, a sumar iniciativas que nos distingan.