UNHA NOVA PUBLICACIÓN DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA: “OS TORQUES ÁRTABROS”


Xa está a disposición de quen o solicite, en Portas Ártabras, unha nova publicación.

Trátase de o libro "Os torques ártabros, arqueoloxía e contextos para o ouro galaico" da autoría do arqueólogo Lois Ladra.

Edición que nace da iniciativa do noso colectivo como "Premio Pedra do Destino 2020" a Lois Ladra, dende neno membro do noso colectivo e cunha longa actividade  no estudo e na divulgación ern variados eidos da arqueoloxía, especialmente na área bracarense portuguesa, tan necesariamente vencellada ás orixes da constitución da Gallaecia.

Tema que nos mete nunha das cuestións máis singurales da cultura castrexa, nises emblemas de casta e rango realizados en ouro, seguramente en relación con ritos relixiosos de caracter astral. Tema no que abonda Felipe-Senén no seu limiar, complementando un texto moi documentado e ilustrado que creemos urxente e necesario. Traballo que mesmo sirve como guión para unha necesaria exposición  sobre o ouro dos galaicos. Tema no que radica unha fonda tradición de ourives que chega ata o noso presente.

O xoves día 23 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras, Felipe-Senén e Lois Ladra farán presentación pública deste volume. Exemplar que se une a oturos xa publicados sobre Alexandre Malaspina,  A guía de dolmens de Galicia,  a Guía do Cimeterio de Santo Amaro, O Golfo ártabro, O Picasso Coruñés, os Amigos dos Museos de Galicia

Acto no que se tratará sobre aspectos da minería, a metalurxia do ouro e sobre os torques: as teorías sobre estes enigmáticos emblemas e a bibliografía arredor diles. Obsequiarase aos asistentes con esta publicación, posible grazas á axuda concedida pola Deputación da Coruña.

Acto que, ademais, será grabado en video e posto na nosa páxina de youtube.