O venres 5 de decembro ás 20 horas, Xurxo Souto presentará en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) seu último libro: "A NOVELA DO BRAVÚ", editado por Xerais. O autor estará acompañado de Marisol Manfurada. Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e -co poder da lingua galega- dialogar con vehemencia coa súa propia realidade. Proclama que transcendeu dende as marxes e deixo [...]
O mércores 4 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar o acto "AMARO, O SANTO NAVEGANTE QUE ATOPOU A ILLA DO PARAÍSO", celebrando o CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DA SÚA LENDA, POR UXÍO CARRÉ, NA REVISTA NÓS. Acto organizado por IN NAVE CIVITAS que estará encamiñado polo polifacético (acordeonista, cantante, divulgador cultural, escritor, locutor...) e sempre amigo desta casa, XURXO SOUTO. En 1925, no número 19 da Revista Nós, Uxío Carré publicou "A lênda de San Amaro, o pelengrino", que rec [...]
O xoves 15 de abril ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de Xurxo Souto: "O RETORNO DOS HOMES MARIÑOS". Aforo limitado, cumprindo escrupulosamente as normativas oficiais . É preciso reservar no teléfono 630930298. Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se ll [...]