Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. O vindeiro día 18 de marzo, a profesora e escritora Celia M. Armas García impartirá unha palestra co título: Rosalía de Castro e as escritoras na Galiza do SXIX Data: 18 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Celia M. Armas García é profesora [...]