O domingo 14 de xuño, realizaremos unha xeira especial para o tempo de verán e que nos levará a terras montesías de Lalín. Visitando o conxunto da Casa do Patrón, en Codesedo, Doade, casal que comprende unha importante colección etnográfica vencellada ao mundo labrego. Experiencia museística activa, propia dun ecomuseo, con mallas, celebración festivas, gastronomía, parladoiros, etc. Visita que se complementará coa explicación do inmediato castro, xacemento da idade do Ferro, cunha pequena parte [...]