O xoves 25 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto "Flujos"), titulada: "RIAZOR" que xirará arredor dunha das súas últimas publicacións ilustrada con fotografías antigas e modernas: "Riazor fue...". Tras a "divisa" Riazor ampárase un mundo rico en experiencias para os coruñeses e non coruñeses. Non en balde foi (é) un dos lugares moi frecuentados polo turismo que nos v [...]