O xoves 6 de novembro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22) a presentación na Coruña do libro de poesía de Mateo Rello, titulado: "DOS QUE SE BESABAN EN LA MUERTE" , editado por Libros de Aldarán. O acto contará coa presenza do autor e da poeta Eva Veiga.
O venres 3 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártbaras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación do libro: "O QUE SE VOLVE RAÍZ / LO QUE SE VUELVE RAÍZ" de Eva Veiga. (Editorial Olifante). No acto amais da autora participarán: Xavier Seoane (poeta e escritor) e Bernardo Martínez (músico). O que se volve raíz / Lo que se vuelve raíz (Olifante), con tradución ao español de Teresa Seara e lapela con texto de Pilar Pallarés, é un poemario que devén de escóita atenta e da perplexidade ante u [...]
O xoves 27 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar o recital poético: O RÍO QUE NOS LEVA de Medos Romero e Eva Veiga, dúas voces do Eume. Tan felices se vos presta acompañarnos nestes recital tan especial para nós as dúas: somos poetas que compartimos o rumor de fondo do Eume e todo o que nace, medra e desaparece nas súas beiras. Dúas poéticas que beben nesas augas, máis que soñan, Unha dende a montaña e a outra dende a mariña. En todo caso, a mesma emoción por compartir con vós os [...]