Etiqueta: Día das Artes Galegas 2025


O xoves 5 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a palestra titulada: Isaac Díaz Pardo, custodio infatigable da Memoria, pronunciada polo escritor, investigador e colaborador de Isaac; Xosé Ramón Fandiño. Nesta intervención iremos vendo os primeiros 16 anos da vida de Isaac ao carón de seu pai, o escenógrafo Camilo Díaz Baliño, na casa da Tumbona de Santiago. Veremos tamén os seus diversos emprendementos como pintor, ceramista, emigrante, ideólogo e creador cultural. E sempre co seu [...]

O martes 1 de abril, ás 20 horas e con motivo da celebración nesta xornada de o "Día das Artes Galegas" terá lugar en Portas Ártabras un acto dedicado a repasar audiovisuais sobre a vida, obra, milagres e mesmo sobre o espolio do creador de formas Isaac Díaz Pardo (Compostela 1920 - Coruña 2012). Fillo do escenógrado das Irmandades da Fala, Camilo Díaz Baliño, vilmente asasinado na Guerra civil. Isaac retoma a mensaxe dos seus: colga a pintura de cabalete para, coa axuda de exilados na Arxentina [...]