O xoves 4 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia arredor dos "ALICERCES EXIPCIOS DA CULTURA CELTA GALAICA", pronunciada polo artista, escritor e investigador especializado no mundo celta, Javier Mareas, que será presentado polo historiador da cultura galega Felipe - Senén. As raíces da cultura galaica son descoñecidas para o gran público, perdidas no decurso da prehistoria. Nesta conferencia daremos a coñecer como as lendas e a arqueoloxía deste terri [...]
O xoves 28 de agosto ás 20 horas en Portas Ártabras, proxectaremos un audiovisual arredor da muralla erguida entre os anos 122-132 d.C por orde do emperador romano Hadrián para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos pictos que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser Escocia.
O xoves 7 de agosto ás 20 horas en Portas Ártabras, proxectaremos un audiovisual arredor da cultura Celta, que será introducido polo historiador da cultura galega Felipe Senén.
O venres 21 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia arredor dos CELTAS DE BRIGANTIA; REALIDADE OU FANTASÍA, pronunciada polo artista, escritor e investigador especializado no mundo celta, Javier Mareas. Un xeito de adentrarse nunha idea moi deturpada, a de "celtas". Partindo do que entenderon por celtas os historiadores e protoarqueólogos do século XIX e comezos do XX, como tribos que habitaron Europa no primeiro milenio antes de Cristo, difusoras do [...]
O xoves 20 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS DA GALLAECIA, de Fernando Cabeza Quiles quen será introducido por Felipe - Senén. Libro publicado por Espiaral Maior Edicións. Esta é unha obra de investigación predominantemente filolóxica, que desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na an [...]