O domingo 7 de xuño, ás 12:00, con saída dende o Obelisco, terá lugar a MANIFESTACIÓN A PROL DOS MURAIS DE URBANO LUGRÍS "A CORUÑA POLA BELEZA, DEIXADE PASAR AS ONDAS DO MAR!". Non esquezas levar o teu paraugas. O Fornos da Coruña, a taberna mariña soñada por Lugrís Por Felipe-Senén Lugrís, poeta, pintor é creador de obras que son iconas da Galiza Atlántica. Mago que coas súas pinturas gustaba de abrir xanelas para mostrar a fartura do océano maior, preñado de formas, de mitos, de lendas, [...]
O xoves 28 de maio ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto “Flujos”), titulada: "GERMÁN CRUZ, FOTÓGRAFO, CORUÑA 60s E 70s" Germán Cruz naceu na pequena aldea de Braña ao lado da Granxa Agrícola (Monelos). Todo ese mundo desapareceu nos anos 60 e 70. Gustoulle a fotografía e fotografar a vida da súa familia pola cidade co que, por esa razón, atopámonos cunha reportaxe da cidade e a súa con [...]
O xoves 25 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto "Flujos"), titulada: "RIAZOR" que xirará arredor dunha das súas últimas publicacións ilustrada con fotografías antigas e modernas: "Riazor fue...". Tras a "divisa" Riazor ampárase un mundo rico en experiencias para os coruñeses e non coruñeses. Non en balde foi (é) un dos lugares moi frecuentados polo turismo que nos v [...]
Ás 20 horas en “Portas Ártabras”, espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia, María Pérez Miñones, poeta das novas xeracións lerá e explicará poemas do seu libro “Las Flores del Tilo”. Acto no que fará a presentación o historiador da cultura galega Felipe Senén. “Versos que abren camiños, que rompen valados...en busca dunha LUZ intima e solidaria”. Perez Miñones é integadora social, especialista en talleres de escritura creativa. A súa obra circunscrita nas súas vivencias radica na o [...]