Pedra do destino


Pedra do destino

Convocado anualmente coincidindo coa celebración do 18 de maio como ´Día Internacional dos Museos´. Galardón que leva o nome ´Pedra do Destino´, a fin de rememorar o mito da viaxe de Breogán de Brigantia a Irlanda, para vingar a morte de seu fillo Ith, portando o símbolo da ´Pedra do Destino´ (na actualidade no Castelo de Edimburgo, despois de ser devolta pola Coroa Inglesa dende a abadía de Wetminster, onde estaba baixo o trono da coroación). Lendas revitalizadas polos románticos e modernistas celtistas galegos. Bloco de pedra grá sobre a que se coroaban os reis célticos, segundo conta o ´Leabhar Gaabhala Eireann´ ou ´Libro das Invasións a Irlanda´, escrito no século XII e fundamentado en lendas orais moi anteriores. Se ben tamén a pedra en Galicia marca a paisaxe e a mesma identidade: chan, casa, altar, ara, cetro, sartego…

Premio instituido no ano 1988 por Amigos do Museo Arqueolóxico, denantes de ampoliar a súa acción e tomar a denominación de Amigos dos Museos de Galicia para agradecer e premiar a aquelas persoas ou agrupacións os esforzos por normalizar, conservar, difundir ou facilitar o estudo dalgúns aspecto da inmesnidade do Patrimonio Cultural de Galicia, inmoble, moble, intanxible…. Galardón que, segun circunstancias, pode estar dotado económicamente ou cun ben patrimonial significativo, como coa edición dun libro… certificado e a suma do apoio incondiconal do colectivo ó programa premiado. As propostas recibidas son consensuadas polos membros da asociación.

Deica hoxe recibiron o Premio Pedra do Destino

* 1988: Museo de Arte Sacro da Colexiata de Santa María

* 1989: Maruxa Seoane

* 1990: Isaac Díaz Pardo

* 1991: Rvd. d. Candido Rguez. Campaña, párroco de Cores (Coruña)

* 1992: Asociación ´A Solaina´ de Combarro (pontevedra)

* 1993: Rvd. D. Elias Valiña Sampedro, párroco do Cebreiro (Lugo)

* 1994: Museo Etnográfico de Oseira ´Olimpio Liste´

* 1995: Museo de Arte Sacro das Clarisas de Monforte de Lemos

* 1996: Obra Social de Caixa Galicia * 1997: Felipe-Senén López

* 2000: Guillermo Nogueira, Almazará de Bendilló, Quiroga, (Lugo)

* 2001: Teresa Arana, pazo de Vilabade, (Lugo)

* 2002: Rvd. d. Jaime López Ramón, párroco de S. Miguel dos Agros, Santiago

* 2003: Real Consulado do Mar, A Coruña

* 2004: Museo da Fonsagrada

* 2005: Museo etnográfico da Capela

* 2006: Museo Terra de Melide (A Coruña)

* 2007: Ecomuseo do Forno do Forte, Buño-Malpica (A Coruña)

* 2008: Museo Emilia Pardo Bazán, A Coruña

* 2009: Asociación de Viciños de Salcedo, Proba do Brollón, pola recuperación do Oso

* 2010: Fundación Uxio Novoneyra-Parada do Courel

* 2011: Fundación Manuel María de Estudos Galegos- Outeiro de Rei

* 2012: Fundacion Xosé Neira Vilas- Gres Vila de Cruces, Pontevedra

* 2013: Dr. Xosé Luis García Súarez pola doazón da colección de máis de 100.000 diapositivas da súa autoría e do Patr. Cultural a CGAI.

* 2014: Á Cása- Museo de Rosalía de Castro en Padrón

* 2015: Alfredo Erias Martínez, director do Museo das Mariñas – Betanzos

* 2016: Xaquín Marín, humorista gráfico, creador do Museo do Humor de Fene

* 2017:Agrupación Cultural Xermolos de Guitiriz

* 2018: Centro de Estudos Carballiñeses Chamoso Lamas

* 2019: Fundación Monte Caxado (As Pontes de García Rodriguez)

* 2020: Arqueólogo Lois Ladra

* 2021: Elixio Rivas (Colección etnográfica do Santuario dos Milagres de Baños de Molgas)

* 2022: Carlos Valle (Ex-director do Museo de Pontevedra / Historiador da Arte)

* 2023: Siro López (Humorísta gráfico – ensaista)

* 2024: José Martínez-Romero Gandos e Pilar Jeremías Cela (asociación de fillos de galegos no Mar de Plata – Defensa do patrimonio cultural galego na emigración Rioplatense)