Etiqueta: Día dos Museos 2024


Nesa  continua construción dun almanaque civil global, o que traspapela ao santoral e desconcerta á beatería, dende 1977 o Consello Internacional de Museos (ICOM) estableceu cada 18 de maio como “Día Internacional dos Museos”.  “Días” ideais, como un xeito  de endomingar a cultura, de edulcorala e encápsulala nun folión de fastos. Aproveitarase entón a convocatoria para cavilar no estado da cuestión das novas advocacións. Non cabe dúbida que todo entra nun proceso de cousificación da cultura, so [...]

Dende a súa instauración no ano 1977 polo Consello Internacional dos Museos (ICOM), Amigos dos Museos de Galicia aproveitamos tal convocatoria de cada 18 de maio para afirmar os fins do noso colectivo arredor desas institucións que poñen a proba o estado cultural dunha colectividade, os Museos. Sempre en devalar, en función da madurez cultural dos pobos e mesmo das novas tecnoloxías, as que deben facilitar un maior acercamento: o museo dos actores fronte ao museo dos esp [...]