O xoves 19 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras teremos un "Faladoiro arredor das cantareiras e a tradición oral" da man de Olga Kirk que leva máis de 30 anos dedicada ao traballo de investigación etnógrafica de campo sobre a música e o baile tradicionais, e desde aquela se dedica profesionalmente ao seu ensino, amais toca a pandeireta e outras percusións de man, tamboril e bombo, acordeón diatónico e por suposto, é cantante. Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que en 2025 se [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025. O vindeiro día 13 de maio, o profesor e investigador sobre a música tradicional galega Manuel Rico Verea impartirá unha palestra co título: Día das letras galegas 2025: A historiografía dos cancioneiros de música tradicional de Galicia Data: 13 de maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sin [...]