O xoves 1 de xullo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22, A Coruña) a presentación de "El Parque del Pasatiempo en Betanzos". É preciso reservar no 630930298. Este libro, realizado por tres membros da Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, percorre a biografía dos García Naveira e da súa creación máis senlleira, o Parque do Pasatempo. A través das súas páxinas poderemos contemplar o esmorecemento deste lugar declarado Ben de Interese Cultural no 2020. Ademais, conta cun [...]
En solidariedade co manifesto da Rede do Patrimonio: Os valores naturais dos nosos montes son coñecidos, os valores económicos están en boa medida sen explorar. Xunto con eles hai que engadir un terceiro valor que lle ven dado polo patrimonio histórico material e inmaterial que neles se agocha.Dentro das áreas perimetrais dos parques eólicos que se solicitaron ou están en tramitación hai un abondoso patrimonio que permanece oculto e invisibilizado, mal estudiado e peor divulgado. Hoxendía a Con [...]
O xoves 10 de xuño, ás 8 horas do serán no noso espazo de cultura, “Portas Ártabras” presentarase o documental O CAMIÑO DOS ARRIEIROS, UN CAMIÑO ENTRE MAMOAS, dirixido por Cultureume e no que se recollen testemuñas, aspectos arqueolóxicos e etnográficos desta antiga senda, a que, dende as Pontes de García Rodriguez leva a Estaca de Bares, pasando ademais polos concellos de Ortigueira e Grañas do Sor. Camiño que atravesa a serra da Faladoira, entre mámoas que ademais serven de fito orientativo, [...]
Amigos dos Museos de Galicia, dende que se instituíu no 1977, para cada 18 de maio a celebración do “Día Dos Museos” aproveitan para seguir a sensibilizar sobre a función informativa e formativa destas institucións que recollen, estudan e divulgan aspectos que caracterizan ou rodean ao ser humano. Nesta ocasión, en “Portas Ártabras”, Felipe-Senén, historiador da cultura galega fixo un recorrido pola situación dos museos galegos en relación con outros do mundo, anotando a falta de esp [...]
O xoves 27 de maio ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do cuarto poemario de Antom Laia titulado "E na gaveta un fardel de palavras" No acto participarán: Sonia Andrade (Poeta), Teresa Ramiro (Poeta) e Antom Laia (Mestre xubilado nado en Melide, autor do libro) Aforo limitado. É preciso facer reserva no: 630930298
O ESTADO DA CUESTIÓN DOS MUSEOS DE GALICIA E "PREMIO PEDRA DO DESTINO 2021" Neste singular martes, ás 20 horas, en "Portas Ártabras" teremos un acto no que Felipe-Senén introducirá ao "Estado da cuestión dos Museos Galegos", en relación cos presupostos da nova Museoloxía como ciencia do Museo e da súa xestión. Acto no que estará moi presenmte o lema proposto polo Organismo Mundial de Museos (ICOM): "Recuperar e imaxinar", na busca de solucións innovadoras arredor da cultura como motor de ideas d [...]
O xoves 13 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do álbum ilustrado "Nación Mar" de Xosé IglesiasNo acto falarán Xurxo Souto e o representante da editorial Bululú Xosé Duncan, ademais do propio autor do libro. Aforo limitado, e preciso reservar no teléfono: 630930298 Xosé Iglesias Lamela, Cée, Costa da Morte 1974 é un patrón de pesca da Galiza. Coas raíces ben chantadas na tradición ancestral do oficio de mariñeiro, herdado do seu bisavó , e toda unha vida tendo o océ [...]
O xoves 6 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación de "Lugar de Incendios", de Paco Souto e Serxio Moreira. Aforo limitado, é imprescindible reservar plaza no 630930298 O recital:Os recitais-presentación de Lugar de incendios consisten na posta en escena do recital concibido por Paco Souto e Serxio Moreira contando coa participación de figuras diversas da literatura galega actual poñendo voz aos textos de Paco Souto. Nesta ocasión contamos coa participación de Sonia And [...]
O xoves 15 de abril ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de Xurxo Souto: "O RETORNO DOS HOMES MARIÑOS". Aforo limitado, cumprindo escrupulosamente as normativas oficiais . É preciso reservar no teléfono 630930298. Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se ll [...]
O xoves 8 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Pastora Veres: "Lareira de Soños" No acto intervirán Felipe Senén, historiador e museólogo, presidente da Asociación de amigos dos Museos e a autora do libro, Pastora Veres. Lareira de soños condúcenos a lugares que nos nutren, lugares onde temos as primeiras emocións, sensacións e experiencias universais únicas, sitios cos que temos unha conexión emocional profunda e as nosas raíces inalterables. Lareira de [...]