DOMINGO 25 DE OUTUBRO: XEIRA POLA RIBEIRA SACRA OURENSÁN (A DO MIÑO)


O domingo 25 de outubro realizaremos unha xeira especial pola Ribeira Sacra ourensán, seguindo o curso do río Miño: Luintra terra dos afiadores, o grandioso mosteiro de Santo Estebo de Ribas de Sil, o eremitorio de San Pedro de Rocas, núcleo da primeira cristianización … Casdemiro, Patria do Padre Feixoo e os Peares, punto de confluencia e unión entre os ríos Miño e Sil… e moito máis do que o outonal tempo climatolóxico e cronolóxico nós permita. Días da castañeira que abren aos Magostos e ao San Martiño… xa sabemos, Cando entón teremos o tradicional xantar enxebre, un cocido nun lugar ben acaído.

Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.