MÉRCORES 19 DE NOVEMBRO: “LAUDATIO FUNEBRIS”


O mércores 19 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar na Coruña a presentación do libro Laudatio Funebris, editado por aCentral Folque. Da morte, o pranto e o alén no Reino da Galiza, de Andrés Díaz e Eva Moreda, unha obra que afonda nas representacións culturais, musicais e literarias da morte na Galiza medieval.
O acto contará coa presenza dos dous autores, Andrés Díaz e Eva Moreda, que dialogarán sobre o proceso de investigación e sobre o lugar que ocupa a memoria funeraria na cultura galega.
LAUDATIO FUNEBRIS: Da Morte, o Pranto e o Alén no Reino da Galiza é un proxecto enmarcado nos Fondos Reino de Galicia da Cultura da Deputación da Coruña.

Entrada libre ata completar aforamento.